A multinacional Clece visita a sede de Ambar en Ribeira

16 Febreiro 2022

Este mércores 16 de febreiro as instalacións de Ambar en Frións (Ribeira) recibiron a visita de Flavia González, representante da Multinacional Clece e técnica de Selección de Persoal de Galicia e Asturias na dita compañía. Durante a xornada, compartiu a visión da empresa Clece e aportou consellos sobre os procesos de selección ás persoas usuarias dos proxectos de emprego que está desenvolvendo a asociación de persoas con diversidades funcionais e cognitivas. Acompañando a Flavia acudiu á sede de Ambar Sara Costa, técnica do departamento de Selección de Persoal. Estiveron representando á asociación Milagros Rey, presidenta, Alicia Romero, coordinadora da área administrativa, Daniel Tojo, orientador laboral, e Ángeles Sampedro, técnica de emprego e responsábel do proxecto.

Asistiron as 10 persoas inscritas na formación sobre actividades auxiliares na industria alimentaria que se está impartindo neste momento na entidade.

Esta formación é posíbel grazas ao financiamento da Fundación ONCE, no programa Uno a Uno do POEJ convocatoria 2021-2022 e o Fondo Social Europeo. E ten como obxectivo promover a sustentabilidade e a calidade no emprego, favorecer a mobilidade laboral, así como reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas novas e non integradas nos sistemas de educación ou formación.

Flavia destacou a importancia “dunha actitude positiva e resiliente no proceso de busca de emprego”, poñendo o foco tamén na relevancia da formación continúa. E sinalou o compromiso de Clece cos procesos inclusivos e cos distintos movementos asociativos.

Con esta xornada, Ambar deu comezou a un ciclo de conferencias con distintas empresas, que aportarán a súa experiencia e coñecementos ás persoas con diversidade funcional vinculadas ao proxecto de emprego de Ambar coa Fundación ONCE.

Outros artigos

Elite e Consvial reformarán a escola infantil de Padrón

A mesa de contratación do Concello de Padrón adxudicou hoxe a construción da nova escola infantil á unión temporal de empresas formada pola firma padronesa Elite e a madrileña Consvial. A UTE comprométese a executar as obras nun prazo de seis meses e cun orzamento...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.