“A illa das mentiras” pecha na Pobra o ciclo de teatro e cinema de xaneiro e febreiro

07 Febreiro 2022

A traxedia do Santa Isabel e as vidas das mulleres de Sálvora tralo afundimento do buque son as protagonistas desta xornada cultural deste 13 de febreiro na Pobra do Caramiñal. De feito, o Concello programou a proxección da longametraxe A illa das mentiras para pechar o ciclo local de teatro e cine elaborado para os meses de xaneiro e febreiro. Será no Teatro Cine Elma, ás 19.00 horas.

O argumento xira arredor do sucedido na madrugada do 2 de xaneiro de 1921, cando o buque Santa Isabel, con destino Bos Aires e con 260 persoas a bordo, afunde fronte a costa de Sálvora. A falta de homes na illa, tres mozas -María, Josefa e Cipriana- deciden ir no rescate e salvan a 48 persoas. Tras este suceso, un periodista arxentino, León, acude a Sálvora para cubrir a noticia do naufraxio e vaise atopando con moitas incógnitas.

Dirixida por Paula Cons, a película conta cun elenco no que figuran, entre outros, Nerea Barros, Aitor Luna, Darío Grandinetti, Victoria Teijeiro e Ana Oca. Ademais, obtivo varias distincións nos Mestre Mateo do pasado ano.

Ao igual que as demais propostas desta axenda cultural, está dirixida a maiores de 14 anos. As persoas que desexen asistir de público poden reserva-la súa entrada de balde na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler ou a través do teléfono de contacto 981831545.

Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Barbanza Arousa entrega os premios da XI edición da ruta + q Tapas

A Mancomunidade Barbanza Arousa, formada polos concellos da Pobra do Caramiñal, Rianxo, Boiro e Ribeira, entregou na mañá deste martes 3 de marzo os galardóns da novena edición da Ruta de Tapas + q Tapas, impulsada pola entidade supramunicipal. A hostalaría dos catro...

+

A Pobra reivindica unha “igualdade real” no marco do 8M

O Concello da Pobra do Caramiñal conmemora o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, cun amplo programa de actividades que combina accións educativas e actos institucionais co obxectivo de seguir avanzando cara "a unha igualdade real". “Este 8M queremos que a nosa...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.