A deputada Sandra González visita o Conservatorio de Noia, que recibiu o ano pasado 20.000 euros en axudas da Deputación

08 Febreiro 2022

A deputada de Educación, Sandra González Castro, visitou este luns 7 de febreiro o Conservatorio de Música de Noia, onde estivo acompañada do alcalde Santiago Freire e onde destacou que a Deputación da Coruña vén de abrir a liña de subvencións para os conservatorios e escolas de música e danza municipais, que este ano incrementa o seu orzamento, pasando de 370.000 € a 390.000 €.

Sandra González subliñou a importancia destas subvencións “coas que queremos dar apoio á formación artística nas diferentes escolas e conservatorios da provincia, nos que sabemos que hai moito talento que necesita ter ao seu alcance os medios para poder medrar e desenvolverse”.

E engadiu: “Seguimos así coa nosa filosofía de facer accesíbel a formación cultural máis alá das grandes cidades, permitindo que pequenos e medianos concellos podan ofrecer tamén estes servizos”. Amais, salientou o elevado número de alumnos cos que conta o conservatorio noiés: “O conservatorio de Noia forma este curso a 119 alumnos e alumnas de toda a contorna, 77 deles no grao profesional, unha cifra que evidencia a importancia destas axudas da Deputación”, afirmou Sandra González.

Ademais do alumnado noiés, no conservatorio da localidade fórmanse mozas e mozos de Porto do Son (14), Outes (17), Lousame (3), Muros (2), Boiro (3) e incluso de Ames, Teo ou Negreira.

Segundo dixo, as axudas da Deputación para Conservatorios e Escolas de Música e Danza municipais poderán oscilar entre un mínimo de 3.000 euros para escolas de música e un máximo de 20.000 euros, no caso dos conservatorios.

Tamén engadiu que na convocatoria de 2021, un total de 29 concellos da provincia beneficiáronse destas axudas dirixidas aos seus centros de formación artística.

No caso de Noia, debido á súa condición de Conservatorio e ao elevado número de alumnos que se forman nas súas aulas, recibiu na convocatoria de 2021 o máximo de 20.000 euros.

O prazo para solicitar as axudas remata o 25 de febreiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.