A Deputación desenvolverá en Muros un programa piloto para paliar a soidade non desexada nas persoas maiores

08 Febreiro 2022

A Deputación da Coruña presentou este 8 de febreiro o seu programa piloto para paliar a soidade non desexada nas persoas maiores, unha iniciativa a desenvolver nos municipios de Muros, Vimianzo e Ortigueira.

Ana Lamas, deputada de Benestar Social, expuxo os puntos fundamentais deste plan concibido para concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia, enmarcado no Marco Estratéxico do Plan de Acción de Servizos Sociais provincial.

O obxectivo, sinalou, é “dotar á Deputación dun modelo de intervención contra a soidade non desexada no marco da Rede de Concellos para o Benestar a través da colaboración cos actores locais e da xeración de espazos de encontro e reflexión conxunta”.

“Se algo nos trouxo a pandemia foi precisamente a importancia de que existan este tipo de servizos. Para nós é estratéxico e imos un paso máis aló, o coidado dos nosos maiores está no punto número 1 da política de acción desde a área de Benestar Social”, destacou.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.