A conselleira do Mar visitou en Ribeira as empresas Frigoríficos del Palangre e A Poutada

09 Febreiro 2022

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, estivo este mércores 9 de febreiro en Ribeira para visitar as dependencias de dúas empresas do sector pesqueiro-marítimo, Frigoríficos del Palangre e A Poutada, e para reivindicar a transformación e a innovación do tecido produtivo da comarca e de Galicia, un ámbito de acción para o que, segundo dixo, o seu departamento concedeu nos últimos cinco anos máis de 72 millóns de euros en axudas.

A conselleira contou coa compaña de representantes do Concello (o alcalde Manuel Ruiz e a concelleira María Sampedro, entre outros) e da Confraría (o patrón maior José Antonio Pérez Sieira), entre outras entidades locais.

Visita a Frigoríficos del Palangre

A primeira das visitas foi ás instalacións de Frigoríficos del Palangre, empresa dedicada ao comercio ao por maior de produtos do mar que tirou proveito destas axudas da Consellería, co-financiadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, para o acondicionamento dunha nave destinada a mellorar a liña de conxelación de especies pesqueiras peláxicas. Á empresa fóronlle concedidos para tal fin máis de 1,3 millóns no marco da convocatoria do ano pasado. Trátase dunha achega plurianual a distribuír nas anualidades 2021 e 2022 e que está dirixida a acondicionar unha nave anexa á existente para desenvolver un novo sistema de xestión, organización e produción máis rendíbel e eficiente e que favoreza a calidade do produto final e reduza o consumo enerxético. Estas melloras incluirán tamén unha única liña automatizada de conxelado rápido individual para 10.000 quilos/hora con postos de pesada e etiquetaxe, o que mellorará o control do que se coñece como rastrexabilidade (ou trazabilidade). A maiores habilitaranse novos estantes para as cámaras de conxelado co fin de optimizar ao máximo o espazo interior e promover unha maior eficiencia enerxética.

Máis apoios

Alén das devanditas axudas, Quintana tamén puxo en valor que as empresas de transformación de produtos do mar recibiron preto de 6,2 millóns de euros para “compensar a caída de ingresos entre o 1 de febreiro e o 31 de decembro de 2020 como consecuencia da alerta sanitaria pola COVID-19”. Esta cifra correspóndese coa aprobación de 24 axudas e este tipo de apoios extraordinarios forman parte do plan Avantemar deseñado pola Xunta para impulsar o sector marítimo-pesqueiro trala pandemia.

Neste caso as achegas adiáronse ata 2021 para agardar a coñecer con exactitude o impacto da crise nas contas do exercicio 2020 e pretenden contribuír a que as empresas do sector poidan facer investimentos, recuperen actividade e volvan aos niveis previos á alerta sanitaria, o que redundará en beneficio do conxunto da economía de Galicia.

A titular de Mar tamén visitou a empresa a Poutada, situada a carón de Frigoríficos del Palangre sobre un local de 1.000 m2 de superficie e dedicada ao subministro de efectos navais como anzois para as frotas pesqueiras de distintos países.

Rosa Quintana, visitará as instalacións da empresa Frigoríficos del Palangre e manterá un encontro cos seus responsables. A continuación visitará a firma A Poutada

Outros artigos

Ribeira acollerá unha vixilia de 24 horas en apoio ao pobo palestino

Esta mañá presentouse no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira a vixilia solidaria de 24 horas convocada polo colectivo Somos Refuxio do Barbanza, en apoio ao pobo palestino e en denuncia do xenocidio que sofre baixo a ocupación israelí. Ao acto de presentación asistiron a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.