A concelleira de Educación comproba no Colexio Pé do Corniño as obras para reestruturar a súa biblioteca

24 Febreiro 2022

O Colexio Pé do Corniño (Carreira) acolleu este venres a visita da concelleira de Educación de Ribeira, Juana Brión, que visitou o centro educativo con motivo das obras que está desenvolver a brigada municipal de obras para resituar e erixir unha nova biblioteca.

A visita estivo propiciada pola visita de Paz Fernández, coordinadora da Asesoría de Bibliotecas Escolares, interesada por este proxecto de cara a prestar o asesoramento da entidade. A este respecto, o Concello lembra que a Asesoría de Bibliotecas Escolares é un equipo integrado na Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que se encarga de coordinar as actuacións en materia de bibliotecas escolares e o fomento da lectura dentro do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares.

A reestruturación da biblioteca nun andar superior pretende mellorar as súas prestacións e permitir a celebración de novas actividades como é o caso do programa Radio na Biblio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.