“Un verso libre esnaquizado pola soberbia”. Antón Luaces

06 Xaneiro 2022

As megagranxas son, agora mesmo, unha das preocupacións do ministro de Consumo do Executivo que preside Pedro Sánchez. Éste é, tamén, un dos ministros menos valorados polos españois e o máis denostado polos gandeiros deste país. Máis, aínda, desde que, coa percha das macrogranxas, puxo en solfa a calidade da carne  procedente de reses criadas en España e que, dende vai moitos anos, teñen un altísimo recoñecemento internacional. 
O pasado mes de xuño, Garzón incendiou ao sector cárnico cando dixera que a sociedade española tiña que reducir o consumo de carne. E agora considera sustentable a gandería extensiva de Andalucía e Castilla y León, e castiga as denominadas “macrogranxas” porque, ao seu parecer, contaminan o solo, a auga e “exportan unha carne de mala calidade destes animais maltratados”.

A patronal do sector pode emprender accións legais con Alberto Garzón se non rectifica e a Confederacións Española de Fabricantes de Alimentos Compostos para Animais (CESFAC) esixe unha rectificación do ministro de Consumo e anima ao ministro de Agricultura, Luis Planas, a actuar en defensa do sector produtor español.

Na súa reprobación das declaracións de Garzón ao xornal británico “The Guardian”, CESFAC afirma ter recibido estas con “sorpresa e indignación”, amosando a súa preocupación polo “impacto social, económico e de imaxe que terán as mesmas”.

Tendo en conta os distintos modelos de produción gandeira e cárnica españolas, a organización afirma que “pode confirmar con orgullo que todos eles non só se rexen polos estándares de produción de calidade máis avanzados do mundo, senon que ademáis e como demostrou a Axenda de Sustentabilidade (CESFAC 2030), ESTÁN ENTRE AS PIONEIRAS DA UE na subministración de materias primas nacionais e internacionais de calidade producidas de xeito sustentable e evitando a deforestación en orixe”.

Fernando Antúnez, presidente de CESFAC, esixe unha rectificación por parte do titular de Consumo. No seu defecto (cousa que agardan) “desexamos unha reacción por parte do ministro de Agricultura, Luis Planas, en defensa dun sector que fixa poboación no eido rural e que é motor da economía española”. Porque, sinala a Confederación, o liderado mundial deste sector que ostenta España “NON SE ACADA POR CASUALIDADE SE NON POLO TRABALLO EXEMPLAR E ARREO DE MILLEIROS DE AXENTES DA CADEA A CUXO TRABALLO DESDE O DESCOÑECEMENTO SE QUERE INXUSTAMENTE ATACAR”.

Empresas e profesionais de CESFAC expresan o seu orgullo polos produtores gandeiros e cárnicos de España, “exemplo de bo facer profesional que a sociedade debe coñecer”.

Alberto Garzón Espinosa, economista e ministro de Consumo, é Coordinador Federal de Izquierda Unida, militante do PCE e deputado no Congreso. Un home de verso libre que se expresa do mesmo xeito que o facía nas tertulias de televisión, onde gañou sona de dicir o que pensaba, algo que os seus propios compañeiros de Goberno -obviamente non os de Podemos- critican. Coidan que non fala no nome do Goberno, pero é ministro, cargo do que os partidos da oposición e mesmo membros do PSOE reclaman que demita.

Outros artigos

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

+

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...

+

“Primeiro o amor, despois ciencia” – Antón Luaces

A frase corresponde a Antoni Gaudí, arquitecto catalá responsable do deseño da basílica barcelonesa da Sagrada Familia, cuxa torre de Xesús Cristo bendiciu a pasada noite o papa León XIV, en presencia dos Reis de España e a maior parte do Goberno e o da comunidade...

+

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...