Trenor supervisa as obras de eficiencia enerxética feitas no CEIP de Palmeira

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas visitaron o CEIP Plurilingüe de Palmeira (Ribeira).

Na visita o delegado da Xunta interesouse polos novos proxectos educativos do centro e lembrou o investimento de 576.000 euros realizado recentemente nas obras de eficiencia enerxética levadas a cabo no centro que supuxeron a aplicación de illamento exterior, a substitución das xanelas por unhas novas de carpintería de aluminio e a instalación de luminarias de alta eficiencia enerxética. Substituíronse tamén as actuais persianas por outras con maior illamento térmico.

“Todas estas medidas combinadas supoñen un aforro enerxético anual do 39,57% en consumo de enerxía primaria e do 41,88% en emisións de CO2”, explicou.