Preto de 900 persoas participarán nos primeiros exercicios para optar a 70 prazas de Policía Local nos concellos (incluídos Ribeira e O Son)

17 Xaneiro 2022

A Xunta fixo pública a resolución definitiva dos 873 aspirantes admitidos ao proceso selectivo para optar a 70 prazas de Policía Local a través das oposicións centralizadas pola Xunta a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP). A resolución tamén recolle os aspirantes que están exentos de realizar a proba de coñecementos de lingua galega. Entre os concellos onde se cubrirán prazas atópanse Ribeira e Porto do Son.

O proceso comezará este 20 de xaneiro no recinto feiral de Silleda cos dous primeiros exercicios. A proba de avaliación de coñecementos constará dunha enquisa de 100 preguntas tipo test do temario proposto na convocatoria. Ademais, as 169 persoas convocadas á proba de coñecementos de lingua galega realizarán este segundo exercicio ao remate do primeiro.

O terceiro exercicio do proceso selectivo correspondente ás probas físicas está previsto para o mes de febreiro e levarase a cabo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

Unha vez rematado o proceso, prevese o inicio nas instalacións da AGASP do curso de formación teórico-práctico obrigatorio que deberán superar os aspirantes que aprobaron as probas anteriores antes de poder elixir destino e ser nomeados funcionarios en prácticas polos concellos.

A través desta vía cubriranse un total de 70 prazas comunicadas por 29 entidades locais: A Coruña, A Pobra de Trives, Betanzos, Bueu, Carballiño, Fene, Ferrol, Foz, Lugo, Narón, Nigrán, O Barco de Valdeorras, O Grove, Ordes, O Rosal, Ortigueira, Ponteareas, Pontevedra, Porto do Son, Redondela, Ribeira, Salceda de Caselas, Santiago de Compostela, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Valdoviño, Vilagarcía de Arousa e Viveiro.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.