Os Reis Magos reciben con cita previa a máis de 250 familias de Lousame

05 Xaneiro 2022

Un total de 255 familias de Lousame reservaron este ano cita para seren recibidas na Casa da Cultura Santeiros de Chave polas Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar. Foi unha recepción organizada polo Concello con todas as medidas anti-COVID, de xeito que cada familia puido desfrutar dun tempo cos Reis Magos e sen interacción con outros grupos familiares.

Así, dende as 10:00 horas comezou o goteo de visitas das familias, que accederon pola porta da escola de música onde, despois de hixienizar as mans, eran guiadas á porta dereita do auditorio, onde os agardaba a comitiva real. Despois, a familia saía pola porta esquerda e pola porta principal da Casa da Cultura.

Ao estar valado o circuíto, impedíase a interacción entre os distintos grupos familiares, informou o Concello, engadindo que “a pesar de que cada familia tiña un máximo de 10 minutos para estar cos reis, o certo é que a maioría das visitas foron moi curtas, de apenas 3 ou 5 minutos”.

Cada pequeno levou para casa unha bolsa con lambonadas.

A concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, e o concelleiro de Obras, Ramón Martínez, asistiron durante a mañá ás recepcións, onde comprobaron que todo se facía de acordo cos protocolos anti-COVID marcados polas autoridades sanitarias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.