Ofrenda floral a Valle-Inclán con motivo do 86 aniversario do seu pasamento

05 Xaneiro 2022

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou hoxe en Santiago de Compostela na tradicional ofrenda floral en homenaxe a Ramón María del Valle-Inclán con motivo do 86 aniversario do seu pasamento.

Xunto a representantes institucionais, da cultura e familiares do autor, Román Rodríguez salientou a figura deste galego ilustre que conseguiu “levar o nome de Galicia polo mundo enteiro” e cuxa obra e legado continúa “plenamente vixente”. Durante o acto no cemiterio de Boisaca tamén se lembrou a Isaac Díaz Pardo, finado un 5 de xaneiro.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, acompañado polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo e o director do Museo Valle Inclán de A Pobra, Antonio González Millán, participaron na ofrenda floral a Valle-Inclán co gallo do 86 aniversario do seu pasamento. foto xoán crespo 05/01/2022

Outros artigos

Arrinca a campaña “De Pobra a Portosín, tapeando polo mar”

Este venres 16 de maio arrancou a iniciativa De Pobra a Portosín, tapeando polo mar, organizada polas asociacións de empresarios da Pobra e Azul de Portosín e a de hostalería de Ribeira, coa finalidade de poñer en valor os produtos do mar da zona, dinamizar o comercio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.