“O mal facer das Administracións.” Celia García Pillado

23 Xaneiro 2022

Hai uns meses escribía neste mesmo medio a tristura que me producía ver morrer ao meu pobo, Palmeira. Pola desidia das institucións e administracións, pola falta de investimento que ano tras ano sufrimos todas as parroquias deste Concello, por esa forma de gobernar que centraliza recursos e servizos.

Vaia como anécdota recordar os tempos onde tiñamos o sambenito daquela famosa teoría: Calade, que todo volo fai en Palmeira, cousa que eu, sinceramente, nunca entendín. Aos feitos remítome. Mellor dito, ás obras.

Volvendo á actualidade, Palmeira está no foco da noticia dende hai uns días pola xa tan levada e traída actuación que Portos de Galiza levou a cabo no Eitón, lugar emblemático para a veciñanza do noso pobo, pois alí se fan as festas, se concentran a maioría de locais de ocio, é un espazo de lecer, diríamos que é o noso Centro Social, incluso unha veciña o definía dunha forma moi curiosa: É como a nosa sala de estar.

Acometíanse unhas obras que, ao meu entender e ao da meirande parte da veciñanza, carecen totalmente de sentido. Se o que se pretendía era a regularización do tráfico e a prohibición ou disuasión de aparcar, non facía falta semellante obra. Cunha simple sinalización, suficiente. Se o analizamos dende o sentido estético, horror, feísmo, impensable no século XXI.

Pero o que máis me preocupa da cuestión é como se dilapidan os recursos públicos. Administracións que malgastan os cartos da cidadanía sen o máis mínimo pudor. Porque si señores e señoras, os cartos, por moito que nos queira vender o político de quenda que son fondos que veñen de Europa, de aquí, de alí… con eses nomes tan arrevesados, e sempre con esa ameaza velada ou non tan velada de que non os podemos perder; e se hai oposición aos seus plans é que non queremos o desenvolvemento dos nosos pobos. Quizais temos conceptos moi distintos, ou ao mellor, do que se trata é de que queremos un pobo máis sostible para o Medio Ambiente e máis amable coa cidadanía. Unha cousa temos que deixar clara, son fondos xerados polos impostos de todas e todos.

Pero aquí non acaban os despropósitos. Segundo declaracións das partes implicadas, a obra é provisional, ata que se acometan as definitivas. A todo isto, ninguén no Concello sabía nada da actuación, cousa que dubido, xa que parece incrible que un concello non teña coñecemento dunha actuación que se vai facer no seu termo municipal, pero teremos que respectar a presunción de inocencia. O tema é complicado de xestionar despois do descontento amosado pola veciñanza.

¿Quen quere esa pataca quente?

Iso si, o que non podemos negar é a rapidez coa que se quere resolver o asunto: Iso nuns días, solucionado. E así de fácil nos colgamos unha medalla. ¿E as responsabilidades onde quedan? Sería a primeira vez que alguén, en política, pagase custo algún polo seu mal facer.

Isto dará que falar uns días nos mentideiros do pobo e despois a otra cosa mariposa.

Ata se nos agradece que non defendésemos con máis decoro os intereses do noso pobo. Niso si teñen razón os que nos din: Moito sentimento de patria pero unidas, unidas, non sodes nadiña. E así nos vai…

Isto foi un claro exemplo. Por que será? Por clientelismo, deixamento… non sei. O que si sei, é que é un mal endémico na nosa Palmeira.

E como anda o río revolto, todas e todos sabemos o refraneiro, aproveitamos para estender o lordento tapete e plantar o que nos interesa, ou mellor dito, o que lles interesa, aí si que enarboramos a bandeira da patria.

Pero vamos ao que realmente me levou a plasmar estas liñas de novo, que en certa maneira está relacionado co que acabo de relatar. Como dicía ao comezo, vivimos un abandono total. Se falamos de servizos básicos: auga, saneamento… carentes ou deficientes en todas as parroquias.

Hai uns dias escoitaba a un alcalde da nosa bisbarra congratularse por acadar case o 100% do servizo de saneamento no seu concello. Que porcentaxe acadará o noso? Non queremos ser referente na comarca?

Alumeado moi escaso en moitas zonas, nefasto ou nulo mantemento de edificios públicos, moi deficiente limpeza de parques e xardíns, en camiños e beirarrúas brilla pola súa ausencia.

E se xa tocamos o tema da accesibilidade, iso xa é de traca: pasos de peóns con bordo, beirarrúas sen retorno, parques que nin sequera son accesibles para persoas que non temos mobilidade reducida… e iso que presumimos de ter un Plan de Accesibilidade. Se non chegamos a telo… Igual é papel mollado…

En fin, podería seguir, isto só é un pequeno resumo das deficiencias coas que convivimos a veciñanza das parroquias.

E como seguramente sairán as hordas de lambepratos nesas páxinas de Facebook que están tan de moda a desmentir todo isto, invito a quen queira, a dar un paseíño, por exemplo dende a Rúa do Norte ata o Porto, ou dende o Puente ata o Polideportivo de Palmeira, e verá que son fiel á realidade.

Así que sería bo utilizar o sentidiño, esa palabra que puxo de moda ese político que todas e todos coñecemos, e que moitas e moitos sufrimos, nas inversións públicas.

Outros artigos

“Morrer sós e nas rúas” – José Manuel Pena

Non nos preocupa demasiado o ver, cada día, a persoas deambulando polas rúas ou durmindo nalgún caixeiro ou portal dun edificio. Son persoas sen fogar, xeralmente con algún tipo de dependencia e que necesitan axuda, aínda que non a pidan porque carecen da estabilidade...

+

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

En el turismo hay una característica administrativa que hace muy peculiar a Galicia: la dependencia directa del Presidente, y así ha sido con Manuel Fraga y los es con Alfonso Rueda. Desde que el León de Vilalba, un hombre que puso a la España autárquica de Franco en...

+

“En defensa de las propias ideas” – José Antonio Constenla

Expresar una opinión disonante con la idea que mueve a la mayor parte de la sociedad resulta cada vez más complicado, especialmente desde que las redes sociales han entrado en el terreno de juego de la política. En el contexto democrático, la libertad de expresión es,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un Papa empático para el mundo”. José Castro López

“Un Papa empático para el mundo”. José Castro López

En medio de la crisis de religiosidad y del proceso de secularización del mundo, elCónclave, que encerró a los cardenales en la Capilla Sixtina para elegir al SumoPóntifice, captó la atención global como ningún otro acontecimiento mundial. Más alládel interés de los...

“Voces femininas para unha Galicia nai” – Antón Luaces

“Voces femininas para unha Galicia nai” – Antón Luaces

A Real Academia Galega tributará o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, unha moi demorada homenaxe ou recoñecemento ás mulleres que, durante séculos, "mantiveron vivo, transmitiron e arriqueceron o cancioneiro popular e o idioma do país",  en palabras da...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.