O GES de Noia comezou 2022 retirando vertidos incontrolados en diversos puntos do concello

12 Xaneiro 2022

Comezou o ano e por desgraza nada hai que indique un cambio de actitude ou mentalidade entre esa parte da cidadanía (pequena pero significativa polas consecuencias dos seus hábitos) que non inclúe os puntos limpos, nin móbiles nin fixos, entre as súas prioridades á hora de desfacerse de enseres e refugallos de gran volume ou contaminantes. O GES de Noia, sen ir máis lonxe, comezou 2022 empregándose a fondo para retirar verteduras incontroladas en diversos puntos do termo municipal.

O Concello acompañou o traballo dunha nova chamada ao sentido común, á responsabilidade ao civismo, co fin de que a veciñanza “procure depositar os residuos e enseres de forma correcta, ou achegalos ao Punto Limpo no Polígono de Augalevada”.

Dende o Consistorio lembraron que este tipo de accións son cada vez máis perseguidas e que algúns dos infractores xa foron identificados e sancionados. Porén, outros están aínda por identificar, polo que sería desexábel contar coa colaboración de toda a cidadanía para “denunciar este tipo de comportamentos”.

O Concello tamén fixo un recordatorio da operatividade do Punto Limpo de Auga Levada:

En horario de mañá: luns, martes, mércores, xoves, venres e sábado, de 9:00h a 14:00h.

En horario de tarde: xoves de 16:00h a 20:00h.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.