O corpo dunha muller apareceu este luns na praia de Tal no concello de Muros

10 Xaneiro 2022

O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos, pouco despois das 16:30 horas, mediante a chamada dos membros do GES da localidade. Estes indicaban que ían comprobar, ao areal, o achado dun corpo, segundo a información que lles facilitara unha persoa particular.

Inmediatamente, desde o CIAE-112 Galicia déuselle aviso ao persoal sanitario e aos axentes da Garda Civil e da Policía Local. Ademais, tamén se informou a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

Unha vez no lugar, os servizos de emerxencias tan só puideron confirmar o falecemento da muller.

R

Nesa zona, precisamente, buscábase desde hai dous días a unha nova, despois de que a familia dese a voz de aviso da súa ausencia.

Segundo informa o 112, o corpo sen vida da muller foi atopada na praia de Reimundes, en Tal, municipio de Muros. Ata a zona desprazáronse efectivos sanitarios, do Ges, da Policía Local e da Garda Civil.

Abriuse unha investigación para aclarar os feitos e se o cadáver da muller correspóndese coa persoa que estaba desaparecida. Están abertas as hipóteses da investigación.

Nunha primeira inspección visual, observáronse feridas compatibles cunha caída ao mar, respecto diso do que hai que falta por aclarar as circunstancias,

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.