O BNG de Noia esixe solucións para mellorar o sinal de TV en varios núcleos do concello

11 Xaneiro 2022

O grupo do BNG de Noia vén de lanzar unha serie de preguntas ao Goberno local a respecto dos problemas no sinal de televisión que está a sufrir a veciñanza de varios núcleos de poboación do termo municipal, “uns problemas que no canto de mellorar están a ir a peor”, indican dende a formación nacionalista, que foi alertada por veciños de Sobreviñas e Ponte de San Francisco de “que nos últimos días non se poden visualizar diversas canles, incluídas algunhas das de maior audiencia”.

Segundo engaden, as máis recentes preguntas sobre as medidas a tomar polo Concello para emendar estes problemas foron emitidas nos pasados meses de outubro e novembro, mais sinalan que “a última delas aínda non foi contestada polo Goberno local”. Nelas, a agrupación informa de que se ben os problemas de recepción son máis intensos nos lugares de Sobreviñas e Ponte de San Francisco, tamén afectan a outras localizacións do municipio.

Segundo o BNG de Noia, “a primeira das problemáticas deriva dos recorrentes problemas técnicos que o repetidor da sinal de televisión sofre, e que fan que de xeito repetido aparezan problemas puntuais na recepción de determinadas canles televisivas”. A isto engádense repetidos problemas en momentos concretos e máis a localización do repetidor, situado no núcleo de Sueiro, que provoca que se xeren “zonas de sombra” con respecto a algún dos lugares. “Debido a isto, unha importante porcentaxe dos fogares destes núcleos reciben un sinal de televisión deficiente en todo momento e non poden visualizar moitas canles entre as que se inclúen algunhas das de máxima audiencia”, sinalan os representantes do BNG.

Dende a formación nacionalista denuncian “o paso dos meses sen que o Goberno local atenda as súas continúas peticións para dar solución a estas problemáticas” e veñen de anunciar novas iniciativas no pleno de xaneiro para insistir na necesidade de atender estas demandas cidadás.

Outros artigos

ButacaZero inicia en Muros a xira galega de “A velada de Londres”

A velada de Londres, a nova produción da plataforma creativa ButacaZero, inicia esta fin de semana a súa xira por auditorios e salas de Galicia. Muros, As Pontes, Vigo, Foz, Noia e Cee serán as escalas dunha montaxe que rende tributo á figura e legado do dramaturgo,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.