A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 78.029 deles 16.197 son da área da Coruña, 8.020 da de Lugo, 7.972 da de Ourense, 9.258 da de Pontevedra, 20.860 da área de Vigo, 11.850 da de Santiago e 3.872 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 49 están en UCI, 502 en unidades de hospitalización e 77.478 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 290.676 persoas curadas, rexistrándose 2.873 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.499.436. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.240.734. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 881 54 00 45 para dúbidas e síntomas leves
