Galicia rexistra 68.419 casos activos por Covid. Na área Santiago-Barbanza baixan os contaxios pero soben os activos

Volve empeorar a situación do coronavirus na área de Santiago- Barbanza ao subir os casos activos. En concreto, sitúanse en 110.289 (+131) . Nas últimas 24 horas rexistráronse 927 contaxios novos, 196 menos que o día anterior.

As principais estatísticas da área:

Casos activos: 10.289 (+131)
Contaxios: 927 (-196)
Media contaxios últimos 3 días: 940 (+79)
Media contaxios últimos 7 días: 909 (-22)
Hospitalizados planta: 100 (+3)
Hospitalizados UCI: 7 (=)

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 68.419 deles 14.706 son da área da Coruña, 6.927 da de Lugo, 6.986 da de Ourense, 7.729 da de Pontevedra, 18.057 da área de Vigo, 10.754 da de Santiago e 3.260 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 44 están en UCI, 596 en unidades de hospitalización e 67.779 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 334.180 persoas curadas, rexistrándose 2.910 falecementos.  

O número de PCR realizadas é de 3.538.183.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.362.531.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 881 54 00 45 para dúbidas e síntomas leves