A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 48.273 deles 8.646 son da área da Coruña, 4.330 da de Lugo, 5.119 da de Ourense, 6.243 da de Pontevedra, 11.831 da área de Vigo, 9.140 da de Santiago e 2.964 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 52 están en UCI, 308 en unidades de hospitalización e 47.913 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 202.825 persoas curadas, rexistrándose 2.766 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 3.336.599.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.858.365.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
