En Rois licitado por máis de 658.000 euros as obras para a execución da nova senda peonil na estrada AC-301

11 Xaneiro 2022

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, anunciou a licitación da obra da nova senda peonil na estrada AC-301, para dar continuidade á beirarrúa existente desde o núcleo de Rois ata a rotonda das instalacións de Cortizo, e na que o Concello realizará actuacións de mellora na citada glorieta. As obras saen hoxe a licitación por un importe de 658.000 euros, tendo en conta as expropiacións o investimento superará os 700.000 euros. As empresas interesadas teñen o 7 de febreiro para presentar as súas ofertas e o prazo de execución da obra é de 8 meses.

Segundo destacou o representante do goberno autonómico “esta actuación permitirá mellorar a mobilidade de veciños e ofrecer unha alternativa de conexión a pé ou en bicicleta segura”.

A senda iniciase na entorna das naves do polígono industrial, discorre pola marxe esquerda da antiga estrada AC-299 e continúa pola marxe dereita da estrada AC-301 dende o pq 2+250 ata o 2+800. En todo o percorrido irá adosada a estrada e separada da calzada por un bordo de 10 cm sobre o pavimento da plataforma agás do treito de intersección da estrada AC-301 coa antiga AC-299, aquí aproveitase a berma existente no muro de coieira do viaducto da liña de ferrocarril de Alta Capacidade A CoruñaVigo que xa vai un pouco elevado da plataforma.

Ademáis da execución da senda e co fin de mellorar a seguridade vial na entorna do pq 2+450, mellorarase o trazado actual do tronco aumentando os radios de curvatura e repoñerase o camiño de servizo existente e no pq 2+520 reconstruirase a intersección existente na marxe dereita mantendo a tipoloxía de semiglorieta de 8,50 m de radio exterior e 5,00 m de calzada

Gonzalo Trenor recalcou que “esta intervención se enmarca na estratexia do departamento de Infraestruturas da Xunta de fomentar a mobilidade sostible da poboación así como incrementar a seguridade viaria desta zona con elevado tránsito peonil”. Esta intervención será financiada pola Unión Europea, no marco do eixe REACT UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da covid-19.

Outros artigos

José Vázquez Castaño, novo membro do club de centenarios de Rois

O veciño José Vázquez Castaño vén de incorporarse ao club de centenarios do Concello de Rois. Natural de Seira, José celebra este 7 de maio o seu 100 aniversario rodeado do cariño da súa familia, coa que convive na actualidade na parroquia de Infesta, onde casou e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

En el turismo hay una característica administrativa que hace muy peculiar a Galicia: la dependencia directa del Presidente, y así ha sido con Manuel Fraga y los es con Alfonso Rueda. Desde que el León de Vilalba, un hombre que puso a la España autárquica de Franco en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.