En Ribeira os rapaces do Programa de Apoio Educativo recibiron cadanseus agasallos

Rematadas as vacacións de Nadal, os rapaces e rapazas que están a asistir ao Programa de Apoio Educativo que pon en marcha o Concello de Ribeira a través do seu Departamento de Servizos Sociais veñen de recibir uns agasallos que se corresponden ademais cos súas peticións aos Reis Magos.

Así, os pequenos recibiron cadanseu libro, o que contribúe de paso ao fomento da lectura nestas idades temperás: un dos obxectivos precisamente deste programa que persegue axudar aos usuarios, ás súas familias e aos centros escolares na finalidade de favorecer a inclusión educativa, reforzando as aprendizaxes instrumentais básicas e o desenvolvemento do razoamento lóxico e mellora da autoestima.

Con eles estivo a concelleira de Servizos Sociais, Ana Barreiro Rego.