En Noia o Concello derruba unha casa na contorna da República Arxentina para mellorar a mobilidade

O Concello de Noia levou a cabo días pasados o derrube dunha antiga vivenda situada na contorna da rúa República Arxentina, co obxectivo de mellorar a mobilidade de vehículos e peóns. En palabras do Consistorio, “a devandita vivenda invadía unha parte da calzada deixando un paso moi estreito”, polo se puxo en marcha un proceso para demolela e mellorar, cos traballos desenvolvidos, a seguridade viaria da zona.

O Concello tamén fixo saber que o capítulo de derrubes na vila noiesa proseguirá as vindeiras semanas, xa que está previsto ampliar outro punto estreito entre a rúa Calzada e a Carcasía.