Detidos dous homes de Muros por un roubo con intimidación nunha gasolineira do municipio

19 Xaneiro 2022


Fonte G.C.

A Garda Civil do Posto de Muros detivo a dous individuos como presuntos autores dun delito de roubo con intimidación nunha gasolineira “grazas a lacolaboración cidadá e á Policía Local” dese municipio.

Os feitos sucederon o pasado día 12 de xaneiro cando dous homes co rostro cuberto entraron no interior do establecemento da gasolineira e intimidaron á dependente sen portar ningunha arma. Así, lograron que lles abrise a caixa e levaron 1.200 euros.

Tras iso, a Garda Civil iniciou unha investigación co fin de identificar os autores. Como froito do traballo realizado, a Benemérita o pasado día 17 detivo a dous homes veciños da localidade de Muros como presuntos autores dun delito de roubo con intimidación.

A Garda Civil puxo a estes detidos, xunto coas actuacións realizadas, ao dispor do xulgado de Instrución de garda de Muros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.