Catro tremores en apenas dúas horas fronte á costa do Barbanza

27 Xaneiro 2022
Epicentros dos catro tremores rexistrados á primeira hora da tarde

O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou ás 15.45 horas deste xoves 27 de xaneiro un terremoto a escasa distancia da comarca do Barbanza, aproximadamente a uns trinta quilómetros de distancia mar adentro e cunha magnitude de 4,6.

O movemento sísmico foi detectado pola veciñanza en toda a nosa comarca e noutras contornas próximas, por exemplo O Salnés, Pontevedra e a área de Vigo. Mesmo se deixou notar en Santiago de Compostela, tal e como veñen de confirmar a este medio numerosas persoas residentes na capital de Galicia e a súa comarca. Segundo datos do IGN, o terremoto foi rexistrado a cero quilómetros de profundidade.

O movemento en cuestión foi precedido doutros de menor intensidade de 3,7 ás 13:57, 2,5 ás 14:58 e 1,9 ás 14:55, na escala de Ritcher, aproximadamente unha hora antes.

Porén, os datos do IGN confirman que estes dous tremores forman parte dunha longa serie de movementos sísmicos, moitos deles de escasa entidade, que levan varias xornadas sacudindo a xeografía galega, non só as augas do Atlántico, senón tamén Mondariz ou A Cañiza.

Outros artigos

I Concurso Infantil de Debuxo ApiBarbanza – 2024

A delegación de AGA, asociación Galega de Apicultores, no seu Delegacion do BARBANZA SALNES convoca I Concurso Infantil de Debuxo Apícola co fin de involucrar e concienciar aos nenos sobre o valor da abella como axente polinizador e na conservación do medio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...