Cancelado en Noia o percorrido das Súas Maxestades por mor do mal tempo

05 Xaneiro 2022

O Concello de Noia viuse obrigado a facer cambios sobre o programa de actividades relacionadas coa visita dos Reis Magos ao termo municipal, este 5 de xaneiro.

Así, explican, “debido ás previsións de choiva que dan para a mañá deste mércores, 5 de xaneiro, lamentamos ter que anunciar que queda suspendido o percorrido das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente polas parroquias do Concello”, informaron dende o Consistorio, engadindo que o que si se mantén foi a recepción aos Reis Magos no claustro do Concello. Será finalmente ás 16:30 horas. O Goberno noiés fixo un convite a todos os nenos e nenas para que a partir desa hora vaian a visitar aos Reis Magos, a “pedir os últimos regalos e a entregar as súas cartas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.