Atopan o corpo sen vida dunha muller desaparecida en Rois

07 Xaneiro 2022

Os membros do GES de Padrón comunicaban ao 112 Galicia, ao fío da media noite, o achado.

Indicaban que a muller, falecida, foi atopada no río, no lugar do Sisto, no concello de Rois.

O dispositivo de busca, posto en marcha desde a noitiña, estivo coordinado en todo momento polos axentes da Garda Civil e, desde ese intre, os servizos de emerxencias da localidade e da contorna traballaron arreo na procura da muller.

Ademais dos axentes da Garda Civil e os familiares da muller, formaron parte do operativo os efectivos de Protección Civil de Rois.

Desafortunadamente, pese aos esforzos dos equipos de busca que acudiron ao lugar, nada se puido facer por salvarlle a vida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...