“A verdade e a mentira” – Manuel Domínguez

26 Xaneiro 2022


A esperanza está baseada na mentira, digo eu.

Na película Jacob o mentireiro ou en A vida é bela, ambas as fermosas e didácticas películas, os actores esaxeran ou transforman a realidade nun conto nunha esperanza.

Recordo que certo día falou o poeta sobre os cisnes, e un xornalista díxolle, desculpe aí non hai cisnes ao que o poeta respondeu, perdón son poeta e poño os cisnes onde quero.

Todo fanatismo é malo, malo é ser fanático da verdade, pero peor ser fanático da mentira, o mais odioso, o terrible, o enfermizo é o mentireiro profesional.

Existe a mentira doce, oposta á cruel verdade.

Ese ánimo esaxera en contraposición á verdade matemática.

Ese animo que se necesita como o aire que se respira, para enfrontarse á cruel enfermidade, ao que se aveciña, non se trata de enganar, senón de facer o camiño mais levadío, sabendo que, nesta vida, todos, TODOS, estamos en tránsito, tamén o opinador, pódese un preparar para o peor, sabendo que ninguén certeiramente coñece o fin da película. Hai un conto que di así.

A morte se presentou ante el, e díxolle isto é un aviso, estás na lista así que prepárate.

O candidato, tomou o seu mellor corcel e botou a galopar, alá onde se confundía o horizonte, cabalgou día e noite, tentando escapar da morte, preto dun río paro descansar e que o seu cabalo bebese, alí apareceuse a morte para cumprir co seu oficio, o cabaleiro dille que lle dean un tempo, para prepara as súas cousas, ao que a morte responde deiche un tempo e dedicácheste a escapar, a hora chegou.

Se a verdade é cruel e fai dano gratuíto, para que ser tan xusticieiro.

A mentira, a mentira miúda, a verdade disfrazada, pode axudar a vivir, a final de contas, e digo eu, a realidade non existe, existen distintas formas de ver a realidade.

Compostela, por casualidade chove, o saudable camiñante, opina que é un día miserable, gabardina e paraugas, non se pode pasear.

Desde a xanela, a enfermo mira como as pingas de choiva bican os cristais, ese son que fai as pingas de choiva, cando acariñan os cristais, ese ouvear do vento, e canto daría o noso paciente, por estar na rúa e deixarse embriagar des arte compostelá.

A linguaxe é unha forma de vida.

Un pensamento de Gandhi, con quen non comparto a forma de liberar India.

NOTA.- desde os tempos do “bardo” Shakespeare, a verdade só lles estaba permitido dicila aos poetas, aos bufóns,ou aos tolos.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...