A ponte de Noia recupera o seu esplendor nocturno

27 Xaneiro 2022

O Concello de Noia informou de que este 26 de xaneiro remataron finalmente as actuacións para restablecer o alumeado completo da ponte sobre a ría, que se atopaba danada na plataforma, fundida parcialmente.

Dende o Consistorio engaden que o servizo de mantemento estivo realizando os traballos de reparación da mesma.

O alumeado actual foi prendido oficialmente no Nadal de 2020, complementando e enriquecendo unha iluminación previa, máis sinxela e desprovista de cores, que coincidiu coa apertura da ponte ao tráfico, no verán de 2014. O obxectivo da nova instalación era achegar un importante elemento de vistosidade á construción durante a noite, ademais de mellorar a visibilidade e a seguridade dos condutores. Foi realizada pola empresa Taboada y Ramos S.L. e contou cun investimento de máis de 325.000 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.