A Policía Nacional detén en Ribeira a un home por un delito tráfico de drogas

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría de Ribeira procederon á detención dun home de 54 anos de idade, como presunto autor dun delito contra a saúde pública, na súa modalidade de tráfico de drogas.

No marco dun dispositivo establecido para a prevención do tráfico de drogas en Ribeira, os axentes participantes no mesmo puideron observar a un individuo, coñecido polos axentes tras ser detido noutras ocasións polo devandito delito, nunha zona na que é habitual a venda de sustancias estupefacientes, quen, ao recoñecer aos axentes, botou a correr, polo que estes iniciaron a súa persecución a pé e cando lle ían a dar alcance, arroxou un obxecto ao chan. Tras interceptalo e recuperar o que tirara, puideron comprobar que se trataba de varios envoltorios plásticos que contiñan cocaína, e ao ser cacheado localizaron entre as súas pertenzas outro envoltorio contendo cocaína. En total interviñéronselles aproximadamente 10 gr. de cocaína e 0,5 gramos de heroína, presumiblemente destinadas ao tráfico, así como diñeiro en efectivo en billetes e moedas de diverso valor, polo que procederon á súa detención.

Ao detido cónstanlle numerosos antecedentes policiais, a maioría por tráfico de drogas

Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, o detido é posto a disposición do Xulgado de Instrución número Tres de Ribeira, en funcións de garda.