A cidadanía de Ribeira poderá formarse este mes en eAdministración e uso básico de Android

11 Xaneiro 2022

O Concello de Ribeira vai achegar este mes de xaneiro dous cursos de balde para facilitar o día a día da veciñanza por medio dos seus dispositivos. En concerto, a aula CeMIT local vai dar cabida do 24 ao 27 de xaneiro á celebración dunha actividade formativa sobre como realizar trámites en liña coas administracións (Administración Electrónica) e outra sobre como sacar o máximo proveito dos móbiles con sistema Android.

Un dos cursos versará sobre Sede Electrónica, con incidencia no certificado dixital (como solicitalo, instalalo, facer unha proba de seguridade, probar en distintas situacións, etc.) e no DNI electrónico (como activalo, cambiar a clave…). Desenvolverase de 10 a 11.30 horas.

O segundo, que se impartirá de 12 a 13.30 horas, estará dedicado ao uso básico de móbiles con Android: axustes básicos, teléfonos e contractos, Whatsapp, cámara/galería de imaxes, instalación e desinstalación de aplicacións móbiles, etc.

Tanto nun como no outro as persoas interesadas pódense inscribir na propia aula CeMIT (situada na rúa 1 Cubeliños / teléfono: 981 876 043) ou ben de xeito telemático a través da ligazón da aula.

Entrada da aula CeMIT en Ribeira, no barrio de Cubeliños

Outros artigos

Ribeira acollerá unha vixilia de 24 horas en apoio ao pobo palestino

Esta mañá presentouse no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira a vixilia solidaria de 24 horas convocada polo colectivo Somos Refuxio do Barbanza, en apoio ao pobo palestino e en denuncia do xenocidio que sofre baixo a ocupación israelí. Ao acto de presentación asistiron a...

+

O Concello de Ribeira reforza os servizos de limpeza para o verán

O Concello de Ribeira comunicou a intensificación dos servizos xerais de limpeza en toda a cidade durante a tempada estival. A concelleira de Servizos Municipais, Tania Redondo, anunciou un aumento no persoal tanto nas praias como nas rúas, así como un reforzo nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.