“Unha fiel amizade” – Manuel Domínguez

01 Decembro 2021

Ti que me les e xa temos certa amizade na distancia, quero hoxe contarche un problema que me angustia por se podes axudarme.
Teño unha fiel amizade que me acompaña verán e inverno sen importar as inclemencias do tempo, confórmase co que teño cando teño, cando non garda silencio e non pide, non forza, non esixe, a súa comprensión non ten lugar a dúbidas.
Fiel compañeira, cando son feliz comparte as miñas alegrías, cando non, comparte as miñas penas, a miña desazón, cando viaxo a países afastados acompáñame aínda non sabendo o idioma do país, ela permanece fiel e eu pregúntome que será dela o día da miña partida, o día da última viaxe. Quen a coidase, quen a alimentase, quen lle dará vida, para non deixala abandonada.
Hai moitos anos que me acompaña, aínda que en verdade, cando neno ela non estivo á altura, por pouco xógame unha mala pasada, pois por culpa dela, case me descobren, pero iso foi hai moito tempo, nas noites de inverno, algunha noite, por momentos non a sinto, pero sempre está aí, e pregúntome que será da miña sombra o día que eu falte.
A quen acompañase, morrerá comigo, que será dela a miña fiel compañeira.
Que será da miña sombra cando eu morra.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.