Trasladadas seis persoas tras un choque entre dous turismos en Dodro

12 Decembro 2021

Seis persoas resultaron feridas e necesitaron ser trasladadas, a última hora da pasada tarde, despois de colidir dous turismos, no concello de Dodro.

Arredor das 18:45 horas, o 112 Galicia recibiu o aviso, por parte dos servizos sanitarios, dun choque que se acababa de producir no lugar de Imo, parroquia de San Xoán de Laíño, e confirmábase que nel había persoas atrapadas.

Decontado, os operadores do CIAE-112 Galicia mobilizaron aos Bombeiros de Boiro, aos membros do GES de Padrón e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Xa desde o lugar do sinistro, o GES de Padrón confirmoulle ao 112 que non había ninguén atrapado no interior dos vehículos e que resultaran feridas seis persoas que foron trasladadas. Pese a non ser necesarias as labores de excarceración, os Bombeiros de Boiro axudaron a retirar a un dos feridos do coche no que se atopaba.

Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro intervindo en accidente con feridos en Imo no Concello De Dodro. Xunto Emerxencias Terras de Iria e 061.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...