Sábado con ceo cuberto e baixa lixeira da temperatura

10 Decembro 2021

O sábado Galicia quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, con réxime de ventos de compoñente oeste. Así, predominarán as nubes baixas, con posibilidade dalgún orballo. Co avance da xornada irán abríndose claros no leste de Ourense e de Lugo. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso e as máximas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente oeste.

A partir do domingo empeza a melloralo tempo, agás un lixeiro empeoramento o luns pola mañá.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do oeste á mañá, do sudoeste á tarde e do sur á noite, forza 1 a 3 á mañá e á tarde e 1 a 2 á noite. Mar rizado. Visibilidade mala á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3.5 a 4.5 metros á mañá, 3 a 4 metros á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar03:451.3 m
Preamar10:123.2 m
Baixamar16:451.2 m
Preamar22:522.9 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar03:151.4 m
Preamar09:393.1 m
Baixamar16:101.2 m
Preamar22:302.8 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar03:491.3 m
Preamar10:173.1 m
Baixamar16:531.2 m
Preamar22:562.9 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Venres 13, con choivas tormentosas nas Rías Baixas e Santiago

Galicia vivirá o venres 13, Santa Catalina e Benigno, unha xornada de inestabilidade atmosférica coa entrada dunha masa de aire polar marítima, con chuvascos localmente tormentosos e posible sarabia nas Rías Baixas e arredor de Santiago de Compostela. Agárdanse ceos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.