Papá Noel visita este 23 de decembro as parroquias de Porto do Son

22 Decembro 2021

O Concello de Porto do Son compartiu unha axenda de vital importancia para os máis pequechos da casa nestas datas sinaladas: a axenda dos horarios (aproximadas) e as paradas relativas á visita de Papá Noel a Porto do Son e ás súas parroquias. Por certo que xa falta ben pouco para a visita en cuestión: será este 23 de decembro.

O Concello explica que debido á estrutura do vehículo do Pai Natal, un vehículo “especial” que non vai pasar desapercibido, só se farán paradas nos puntos de encontro que indicamos a continuación. As crianzas que o desexen poden entregarlle as súas cartas nos puntos de encontro establecidos.

– Porto do Son / Saída >>> 10:00h – 10:30h

– San Pedro / Casa da Cultura >>> 11:00h – 11:20h

-Xuño / Casa da Cultura >>> 11:30h – 11:50h

-Caamaño / Casa da Cultura >>> 12:00h – 12:20h

-Queiruga / Casa da Cultura >>> 12:30h – 12:50h

-Baroña / Bar 85 >>> 13:20h – 13:40h

-Noal / Fronte á fonte de Cabanela >>> 16:00h – 16:15h

-Nebra / Colexio 16:30h – 16:50h

-Miñortos / Igrexa >>> 17:20h – 17:50h

-Portosín / Praza do Curro >>> 18:00h – 18:30h

-Porto do Son / Chegada >>> 19:00h – 20:00h

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.