Outes acolle este sábado a entrega dos Premios Barbantia da Cultura 2021

14 Decembro 2021

Este sábado 18 de decembro vaise celebrar na Casa da Cultura de Outes a presentación do volume número 17 do anuario Barbantia (Anuario de Estudos do Barbanza 2021), a cargo da asociación cultural do mesmo nome.

A cita será ás 12.30 horas e dará acollida, tamén, á gala dos XV Premios Barbantia da Cultura 2021, galardóns elixidos a través dos votos das e dos integrantes da asociación. A maiores presentarase o suplemento cultural 170 de A Voz de Barbantia.

A Asociación Cultural Barbantia informou de que a gala será retransmitida en directo por Canal Barbanza TV e por streaming a través da canle de Youtube da entidade cultural da nosa comarca para todo o mundo.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...