Os vándalos cébanse cos adobíos urbanos de Nadal en Noia

12 Decembro 2021

O Concello de Noia compartiu nas redes as pegadas visíbeis dun novo caso de incivismo e vandalismo no termo municipal, desta volta co foco posto nos diferentes elementos dispostos polo Consistorio para celebrar estas datas en Nadal. Segundo fixo saber o Concello, ao longo desta semana que vimos de deixar atrás foron roubadas diversas luminarias das árbores do palco de Alameda así como outras luceciñas decorativas situadas en diversas zonas da contorna urbana.

Asemade, desapareceu un dos renos dos Xardíns Felipe De Castro e varias decoracións das tendas do Cantón sufriron diferentes destrozos. En concreto, nesta contorna os vándalos sacaron as luces das árbores e tentaron esnaquizar a caixa de agasallos que está situada nesa zona, conseguindo rebentar os parafusos e desfacer a composición de Nadal que acubillaba a caixa. O Concello, ante a gravidade destes feitos (que se repiten nos nosos municipios coa única variación dos elementos e equipamentos que son obxecto da destrución), fixo un chamamento o civismo e a responsabilidade e convidou á cidadanía a que siga tendo un comportamento exemplar con tolerancia cero respecto destes comportamentos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.