O programa Acende o Xacobeo alumea Santa Columba, en Rianxo

27 Decembro 2021

Este domingo 26 de decembro pola tarde celebrouse na provincia da Coruña o prendido oficial do segundo programa Acende o Xacobeo, que inclúe o alumeado de 52 monumentos singulares galegos, 18 pola provincia. Na listaxe de edificios sobranceiros, que ficarán acesos até o 7 de xaneiro, inclúese a Igrexa de Santa Columba de Rianxo, marcando o camiño marítimo-terrestre de Arousa Norte, A Orixe. No acto de prendido deste domingo, celebrado na Torre de Hércules da Coruña, participou o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.

Co gallo do comezo do segundo Ano Santo e recollendo o éxito da primeira iniciativa Acende o Xacobeo, arrincou unha nova edición desta proposta, que ilumina medio cento de edificios significativos de toda Galicia distribuídos polos dez itinerarios xacobeos.

A iluminación na comunidade galega ten lugar durante as fins de semana en cor azul e coa frecha amarela e o logo do Xacobeo 21-22 nun total de 52 edificios das catro provincias. Na provincia da Coruña concretamente iluminaranse 18 edificios nas cinco comarcas.

Santa Columba xa alumeada nunha imaxe de felicitación publicada polo Concello

Concurso fotográfico

Do mesmo xeito en que se fixo o ano pasado, a segunda edición do Acende o Xacobeo tamén terá o seu concurso fotográfico. Co acendido ábrese nas redes sociais un concurso fotográfico para animar ao público xeral a compartir esta iniciativa. Así, as persoas participantes terán que publicar unha fotografía na que se vexan persoas xunto a un dos monumentos iluminados baixo os cancelos #AcendeOXacobeo ou #EnciendeElXacobeo e etiquetando as redes sociais do Camiño de Santiago. As fotografías poderán publicarse nas redes sociais de Facebook, Twitter ou Instagram do Camiño de Santiago (@camino_xacobeo).

O concurso estará aberto ata o remate da iluminación e as tres mellores fotografías recibirán un premio consistente nunha estadía para dúas persoas nun fin de semana nun hotel-balneario de Galicia en réxime de pensión completa.

-Torre de Hércules (A Coruña

-Edificio Afundación (A Coruña)

-Teatro Jofre (Ferrol)

-Abanca Ferrol (Ferrol)

-Faro de Fisterra (Fisterra)

-Capela de San Roque (Melide)

-Igrexa de Santiago (Betanzos)

-Igrexa de Santiago do Burgo (Culleredo)

-Casa do Concello (Fene)

-Santa María de Ordes (Ordes)

-Torreón dos Andrade (Pontedeume)

-Capela de Santa María Madalena (Ames)

-Igrexa de Santiago Apóstolo (Padrón)

-Igrexa de Santa Columba (Rianxo)

-San Caetano (Santiago)

-San Bieito (Santiago)

-Cidade da Cultura (Santiago)

-Catedral. Torre da Berenguela (Santiago).

Outros artigos

Conta atrás para o inicio, no Araño, do Festival Hórreo Vivo

Comezou a conta atrás para o inicio da edición 2025 do Festival Hórreo Vivo, que se celebra no Araño da man da Asociación Cultural A Carballeira de Baia coa colaboración do Concello de Rianxo. Serán, en palabras da organización, "dúas xornadas con moito humor, xantar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.