O Museo do Gravado de Artes inaugura unha mostra con creacións inspiradas na obra de Rosalía e Álvaro Paradela

11 Decembro 2021

Unha exposición formada por 26 gravados realizados nos obradoiros de gravado guiados polos profesores José Fuentes e Antonio Navarro, ambos da Universidade de Salamanca, exhíbense dende a noite de onte no Museo do Gravado de Artes.
O acto inaugural contou coa participación dos dous docentes, ademais do presidente e o vicepresidente da Fundación Museo de Artes (Manuel Ruiz e Javier Expósito), a concelleira de Cultura de Ribeira María Sampedro, e o director do museo, Pastor Rodríguez.
A exposición titúlase “Rosalía de Castro – Álvaro Paradela Gravado á Pluma”. Trátase dunha mostra artístico-literaria inspirada na obra Follas novas, da poetisa de Padrón, e no conto Rosa de Laíño, do escritor coruñés Álvaro Paradela.
Acompaña a exposición a edición do libro-catálogo que foi repartida entre os numerosos asistentes ao acto de apertura, con presenza de artistas como Manuel Ayaso, Antonio Pérez ou Alfonso Costa, entre outros.

Abriu e pechou o evento a soprano Esperanza Mara ao contrabaixo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.