Lousame conta xa cun regulamento para a concesión de honras e distincións

20 Decembro 2021

O Concello de Lousame conta dende este 20 de decembro cun regulamento para a concesión de honras e distincións, despois de que non se presentara alegación algunha á súa aprobación inicial en pleno o pasado 24 de setembro e tras a súa publicación (este luns 20) no BOP da Coruña.

“Estes títulos e distincións serán unicamente honoríficos, é dicir, non teñen compensación económica algunha”, explica a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, quen salienta que “agora dispoñemos do instrumento axeitado para recoñecer de forma pública a aquelas persoas ou entidades que teñan prestado un gran servizo a Lousame e recoñecer valores como a tolerancia, a liberdade ou o amor a esta terra”.

O Concello de Lousame poderá conceder seis tipos de distincións: fillo/a predilecto/a, fillo/a adoptivo/o, membro honorario, medalla de ouro, nomeamento de praza/rúa ou calquera establecemento, instalación ou servizo dependente do Concello e outras distincións (loito oficial, recoñecemento aos alcaldes/as, medallas aos membros da corporación, distincións protocolarias e libro de rexistro de distincións honoríficas).

De acordo co regulamento aprobado, corresponderalle á alcaldía a presentación das propostas de distincións, xa sexa por propia iniciativa ou a petición: dun terzo dos membros da corporación ou tres asociacións do Concello (cada unha cun mínimo de 25 socios/as). A alcaldía redactará unha proposición na que fará constar os méritos do/a candidato/a, que será sometida a ditame da comisión informativa e á aprobación final do Pleno municipal, coa excepción do nomeamento de praza/rúa ou calquera establecemento, instalación ou servizo dependente do Concello e outras distincións.

Entre os aspectos máis curiosos recollidos neste regulamento figura a posibilidade de que, no caso de falecemento de calquera persoa condecorada ou calquera membro da corporación no exercicio do cargo, o velorio do cadáver poida ser instalado no salón de sesións da Casa do Concello; así como que un fotógrafo ou artista realice un retrato/fotografía dos alcaldes e alcaldesas do municipio, o que se irían incorporando os sucesivos mandatarios no momento da súa toma de posesión.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.