Fogo Fatuo celebra o seu Festival de Nadal no Auditorio de Rianxo este 11 de decembro

11 Decembro 2021

A Asociación Fogo Fatuo celebra o seu tradicional Festival de Nadal este sábado 11 de decembro, ás 20.30 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

A reserva de entradas pode facerse dende o 1 de decembro, a través da conta de correo electrónico fogofatuo@fogofatuo.es ​​​​​​​ou no teléfono 663 322 149 (só mensaxes).

Será unha cita para recuperar, con bailes galegos, panxoliñas e traxes tradicionais, un xeito propiamente noso de celebrar o Nadal. A asociación rianxeira Fogo Fatuo porá en xogo a súa longa bagaxe interpretativa e formativa (con cursos e obradoiros para veciñas e veciños de todas as idades) en baile e instrumentos tradicionais galegos.

A asociación leva a cabo diferentes actividades de lecer e culturais en Rianxo tales coma os festivais de nadal e de verán e máis o Serán do Patrocinio no Campo de San Xosé en Rianxiño.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.