En Rianxo pre-estrea este venres da curtametraxe Devoradora de nenos

15 Decembro 2021

Este venres 17 de decembro vaise pre-estrear en Rianxo a curtametraxe Devoradora de nenos, do director rianxeiro Fran X. Rodríguez. A cita será ás 21.00 horas no Auditorio de Rianxo.

A curta Devoradora de nenos é unha adaptación audiovisual dun relato do burelense Martiño Vázquez, que tamén é o produtor executivo da cinta. O equipo da curta, conformado tamén por Marcos Nine, ao guión, e Fran X. Rodríguez na dirección, é o mesmo cadro artístico responsábel doutra curta de éxito: Beautiful Boy. A nova produción está protagonizada polo actor Santi Prego, que xa repetía na obra previa e que dá vida agora a un home que de neno foi vítima dun dramático suceso que truncou para sempre o seu soño de ser astronauta e, que, ademais, desencadeou que fose vítima de acoso por parte dos seus compañeiros. Trátase pois dunha cita de ciencia ficción que a maiores pon o foco nunha problemática moi presente nas nosas vidas ao verse agravada pola entrada en xogo das novas tecnoloxías: a problemática do bullying. Devoradora de nenos xa conta cun primeiro premio: o de mellor guión no festival FKM da Coruña.

A reserva de localidades realizase na web do Concello de Rianxo. Será efectiva cando se confirme dende o Auditorio Municipal (a confirmación non é inmediata). De quedar localidades dispoñibles, poderán solicitarse na billeteira do auditorio dende media hora do evento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.