Dúas persoas resultan feridas ao derrubarse parte do teito dun supermercado en Vilagarcía de Arousa

07 Decembro 2021

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá despois de caer parte do teito dun supermercado situado na Avenida das Carolinas, en Vilgarcía de Arousa.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, derrubouse unha estrutura metálica da cuberta superior do establecemento e arrastrou parte do teito, que rematou batendo co mostrador dunha das tendas e feriu a dúas persoas, que tiveron que ser trasladadas a un centro médico.

Os feitos sucederon moi preto das doce e cuarto. Foi, a esa hora, cando unha persoa particular alertou ao 112 Galicia da caída de parte do teito do supermercado e, segundo indicaba na súa comunicación, había persoas feridas.

A partir de aí, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilagarcía e de Ribadumia, de Protección Civil de Vilagarcía e dos axentes da Policía Local e Nacional.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.