Comezan na Mámoa, en Ribeira, as obras para renovar a liña de abastecemento

20 Decembro 2021

O Concello de Ribeira informa de que comezaron as obras de renovación da liña de abastecemento de auga no lugar da Mámoa: unha intervención que persegue solucionar definitivamente os problemas de avarías a través da substitución de 1,2 quilómetros de tubaxes.

A empresa encargada de desenvolver esta actuación é Construcións Fermín Simal. O investimento achegado é de 96.316 euros, IVE incluído.

Os servizos técnicos do municipio elaboraron un proxecto dirixido a substituír á actual liña de fibrocemento por outra de polietileno de alta densidade. A tal efecto, instalaranse en ambas marxes da estrada DP-7305 dúas tubaxes deste material con lonxitudes de 790 e 420 metros, respectivamente. Así mesmo, está previsto colocar nove válvulas de comporta, dúas válvulas de baleirado e 5 ventosas, e renovar 33 acometidas domiciliarias.

As obras están enmarcadas na segunda fase do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ adicional 1/2019.

O prazo de execución son dous meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.