Boiro, Ribeira, Muros, A Pobra, Rianxo e O Son os que mais aumentan en positivos da Covid-19. Empezou a vacina dos maiores de 40 anos

27 Decembro 2021

A sexta onda arrasa en toda Galicia no que casos activos se refire e cunha forza nunca antes vista en canto ao crecemento.

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra como municipios moito máis pequenos que urbes acadan peores datos esta xornada. Os peores con mais casos son Boiro, Vilagarcía, Marín, Narón ou Vilalba.

Na comarca aumentan os casos en Boiro 51 pasa a 187 positivos; Ribeira de 78 a 146; A Pobra de 22 a 46 casos, Porto do Son de 13 a 46 casos, Rianxo pasa de 17 a 70 casos. Muros de 10 a 73, Noia de 43 a 110, Lousame subeu a 21, outes a 20 e Dodro a 12. A capital Santiago pasa de 359 a 578 positivos.

O número de casos na área sanitaria Santiago- Barbanza é de 3.812 (+298).

Mentres comenzou a administración da terceira dose da vacina contra a covid-19 na Cidade da Cultura e no Hospital da Barbanza para persoas de 40 a 49 anos.

Estaba previsto vacinar a 600 persoas no Hospital da Barbanza e a 4.700 cidadáns no Gaiás e que pertenecen a esta franxa de idade.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...