As dornas de Carnota e Muros, xa BIC, no Censo de Embarcacións Tradicionais e Buques Históricos de Galicia

19 Decembro 2021

Entre Muros e Carnota, hai máis dunha dúcia de dornas nunha situación especial. Uns barcos tradicionais realizados con técnicas construtivas da carpintaría de ribeira, que son Bens de Interese Cultural dende o pasado mes de maio.

Para seguir facendo medrar ese patrimonio a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial – Culturmar decidiu reiniciar a campaña de solicitudes de inscrición da frota tradicional galega no Censo de Embarcacións Tradicionais e Buques Históricos de Galicia, no marco do Patrimonio Cultural de Galicia.

A declaración é unha vella demanda dos colectivos que integran a Federación e de todas aquelas entidades dedicadas a preservar e promover o patrimonio marítimo-fluvial galego.

Entre as responsabilidades que ten que asumir a Xunta trala declaración está a creación dun órgano de xestión para as medidas de salvagarda das técnicas, que segundo as entidades “debe estar conformado inicialmente pola entidade que representa os carpinteiros de ribeira, que é a Asociación Galega de Carpintaría de Ribeira (Agalcari) e polos usuarios das embarcacións que fan do seu uso a mellor medida para a súa conservación e difusión, para as cales se propón o recoñecemento tanto das confrarías de pescadores como dos usuarios de lecer agrupados en diversas asociacións na Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar)”.

Outro paso adiante será o recoñecemento de mestres carpinteiros de ribeira e de embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galicia, recoñecer singularmente modelos de embarcacións como embarcacións tradicionais galegas ou barcos históricos e validar os documentos técnicos en que se definan os modelos tipolóxicos das embarcacións tradicionais galegas.

XVI ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA – 2023

Culturmar paralelamente ten aberto o proceso de presentación de proxectos para a elección de sede do XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se celebrará en 2023.
O Encontro, de periodicidade bienal, é a festa central do patrimonio marítimo e fluvial galego e do Norte de Portugal.
O prazo para a presentación de proxectos xa está aberto e finalizará o 18 de febreiro de 2022. ( reportaxe : quepasanacosta.gal).

dornas de Muros

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.