Aprobado o novo Museo do Mar de Ribeira. A Ría de Muros-Noia beneficiada polo Proxecto de Xeodestino

22 Decembro 2021

O Goberno de España acaba de acordar coas comunidades autónomas o investimento de 615 millóns de euros dos fondos europeos en 169 proxectos e destinos turísticos concretos, máis dunha decena deles situados en Galicia, dedicados ao programa de Plans de Sustentabilidade Turística en Destinos.
Unha comunidade, a galega, na que se establecen tres Actuacións de Cohesión en Destino ( ACD) promovidas pola Xunta, cun investimento de 11,3 millóns de euros, xunto con 10 Plans de Sustentabilidade Turística en Destino ( PSTD) impulsados por entidades locais que recibirán 18 millóns de euros.

Entre estes últimos inclúense o deseño e a execución do Museo do Mar de Ribeira e a implantación dunha plataforma de destino intelixente que xestiona o concello. Ademais de actuacións en en distintos municipios da Ría de Muros-Noia mediante a Asociación Rural de Desenvolvemento.

A proposta Ribeira pretende a rexeneración e a posta en valor da contorna litoral do municipio abrindo Ribeira ao mar, coa creación de senllas peonís e ciclistas, ademais de apostar pola recuperación do patrimonio etnográfico e a creación de produtos turísticos que destaquen os seus atractivos.

Xunto á creación do Museo do Mar, prevé a posta en marcha dun corredor ecolóxico cicloturístico no litoral entre Santa Uxía de Ribeira e Ameixida, pasando por Castiñeiras e a Fonte Seca, a humanización de espazos de gran potencial turístico, como os exteriores do Faro de Corrubedo, a colocación estratéxica dun miradoiro e punto de interpretación da paisaxe en Punta Castro ou a reconversión da zona de San Roque nun parque periurbano.
Todo iso no marco do programa Ribeira, destino intelixente que prevé a creación dunha oficina de turismo virtual con alertas, apps específicas e ferramentas dixitais. O proxecto complétase cun plan de sinalización integral dos recursos turísticos nesta zona da Ría de Arousa.

Pola súa banda a veciña Ría de Muros-Noia verase beneficiada dos fondos europeos extraordinarios co Proxecto de Xeodestino que impulsa a Asociación Rural de Desenvolvemento que conforman os concellos de Noia, Lousame, Porto do Son, Outes e Muros.

O Goberno galego priorizou na convocatoria deste ano potenciar o valor da costa como reclamo turístico a través de actuacións de conservación dos seus recursos e a mellora de infraestruturas da súa contorna e que permitirá, no caso do Xeodestino Ría de Muros-Noia, un mellor posicionamento e promoción deste destino turístico, ademais dunha mellora na sinalización dos roteiros e itinerarios a pé e BTT por todo o seu litoral, base da proposta do Camiño Portus Apostoli a Santiago de Compostela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.