Ampliadas a mais de 6 millóns de € as axudas para compensar á industria transformadora do mar polas perdas de ingresos pola Covid-19

08 Decembro 2021

A Consellería do Mar vén de ampliar ata preto de 6,2 millóns de euros o crédito dispoñible para a concesión de axudas coas que compensar ás empresas de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura que tivesen perdas de ingresos entre o 1 de febreiro e o 31 de decembro de 2020 como consecuencia da alerta sanitaria polo coronavirus.
O orzamento fixado inicialmente nesta convocatoria era de 4 millóns de euros, pero dado que as solicitudes presentadas superaban o importe habilitado, fíxose necesario facer unha ampliación de crédito de máis de 2.194.000 euros coa finalidade de poder atender mellor as solicitudes do sector. Esa ampliación de crédito saíu publicada onte no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Con estes apoios, cofinanciados co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), a Xunta subvenciona ata o 50% das perdas de facturación rexistradas como consecuencia da covid-19 sempre e cando estas sexan de polo menos un 20% en relación cos ingresos medios para o mesmo período nos tres exercicios anteriores (2017,2018 e 2019).
No caso das empresas con menos de tres anos de actividade, deberán ter actividade polo menos no ano natural 2019 completo e o cálculo realizarase tendo en conta os datos dos anos correspondentes. A contía máxima por beneficiario será de 400.000 euros.
Outros apoios
A estas achegas para as empresas de transformación engádense as convocadas tamén para compensar ás empresas de cultivo de produtos do mar, que teñen o mesmo obxectivo e contan cun orzamento de 3,5 millóns de euros. Neste caso o límite de axuda por beneficiario é de 200.000 euros.
Estes apoios forman parte do plan Avantemar deseñado polo Executivo galego para impulsar o sector marítimo-pesqueiro trala pandemia e que supuxo unha inxección de 77 millóns de euros en 2020 e a posta a disposición do complexo mar-industria de Galicia de arredor de 15 millóns de euros ao longo de 2021.
As convocatorias destas compensacións aos sectores da transformación e cultivo dos produtos do mar deriváronse no tempo co obxectivo de atender tanto os danos causados pola pandemia como os provocados pola saturación dos mercados. De aí que fose preciso agardar a coñecer con exactitude o impacto na crise nas contas do exercicio 2020.

Outros artigos

Este sábado volve o Mercado Eco-lóxico de Boiro

Este sábado 24 de xaneiro volve o Mercado Eco-lóxico de Boiro. Como lembraremos, segundos e cuartos sábados de cada mes celébrase na praza da Terceira Idade o Mercado Eco-lóxico con produtos de tempada e proximidade. O mercado celebrará a súa nova edición este sábado...

+

O director de XERA visitou en Rianxo a sede dos estaleiros Catoira

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Alfredo Fernández Ríos, visitou na mañá deste xoves 22 de xaneiro a sede dos Astilleros Catoira en Rianxo, onde mantivo unha reunión de traballo coa Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (AGALCARI) para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.