A Pobra presenta unha serie de actividades do Nadal para todas as persoas e para todas as parroquias

07 Decembro 2021

A Concellaría da Promoción Económica, da cal é titular Charo Varela (Nós Pobra), vén de configurar unha serie de actividades coas que desfrutar do Nadal na localidade, segundo anunciaron ela mesma e o alcalde da localidade, Xosé Lois Piñeiro esta mañá.

Trátase dunha variada programación que pretende estar presente en tódolos recunchos do concello e apta para tódalas persoas, facendo especial fincapé nos máis pequenos. Así pois, por primeira vez vai haber un Nadal Móbil que pasará por tódalas parroquias; en total 7 puntos nos que haberá actividades, obradoiros do Nadal, chocolatada e máis sorpresas. En palabras de Charo Varela, “esta actividade preséntase como un punto de encontro para toda a veciñanza, pois estas datas caracterízanse polos momentos de compartir entre as persoas achegadas”. Os lugares que percorrerá o Nadal Móbil son: O Camiño Ancho, Santo Isidro, O Campiño, Santa Cruz, O Maño, A Angustia e A Ribeiriña.

Ademais, este ano de novo se vai achegar Papá Noel ás escolas da Pobra, visitando nos días 17 e 20 de decembro todos os colexios de infantil e primaria do concello.

Outra das actividades comentadas foi o Mercado do Nadal, situado na céntrica praza do Cantón da Leña, que se porá en marcha mañá 8 de decembro e que arrancará cun showcooking a cargo do cociñeiro pobrense Xaime Chouza, que arredor das 18:30 h estará cociñando galletiñas de xenxibre e unha chocolatada para toda a veciñanza. Este mercado, que estará aberto nas fins de semana ata o día 9 de xaneiro,  contará cunha serie de actividades de dinamización como xogos tradicionais (os días 11 e 18 de decembro), un novo showcooking a cargo de Xaime Chouza (o día 12 e decembro) música e baile tradicional a cargo das asociacións Arrancadeira, Xiada e Eiradela (os días 19 e 26 de decembro e 2 de xaneiro respectivamente).

Pola súa banda, o alcalde, Xosé Lois Piñeiro, destacou o esforzo que supón leva-lo Nadal a tódolos recunchos do concello e que forma parte da política de descentralización das actividades municipais que se está a levar a cabo dende o goberno. Por último, tamén enxalzou a importancia da participación do tecido asociativo como elemento dinamizador do Mercado do Nadal e animou a tódalas persoas a participaren nestas actividades, facendo honra ao espírito que preside estas festas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...