A Cooperativa Santa Eugenia organiza este luns as primeiras Xornadas sobre Seguridade e Prevención a Bordo

10 Decembro 2021

A OPP83, Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Eugenia, organiza este 13 de decembro unha xornada de reflexión dirixida a pór de relevo diferentes medidas e metodoloxías que contribúan a mellorar as condicións laborais dos traballadores e traballadoras do mar. A primeira edición das Xornadas sobre Seguridade e Prevención a Bordo celebrarase no Centro Cultural Lustres Rivas a partir das 9.30 horas. Contarase coa presenza do alcalde, Manuel Ruiz Rivas, e da xerente da OPP83, María José Casais.

As xornadas desenvolveranse ata ás 14:00. A apertura correrá a cargo, precisamente, de María José Casais e Manuel Ruiz Rivas, e o programa proseguirá cunha mesa de debate na que van participar Francisco Alonso Lorenzo, conselleiro técnico de Seguridade e Medio Ambiente do Ministerio de Fomento en Galicia, e Bernardo Rodríguez, capitán da Marina Mercante. Logo da pausa para o café ao mediodía, as actividades proseguirán cun relatorio sobre os aspectos legais da prevención de riscos a cargo de Beatriz Goicoechea, de Amya Abogados (Vigo), e unha charla sobre a incidencia da navegabilidade nos contratos de seguro que será impartida por Alberto Penelas, especialista en dereito marítimo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.