A Cofradía da Dorna xa ten nova presidenta

24 Decembro 2021

Os días pasados a Real e Ilustre Cofradía da Dorna de Ribeira elixiu nova directiva, un proceso que se saldou con Sara Sevilla elixida como patroa da entidade, substituíndo ao presidente saínte Ramón López. Sara encabezou unha candidatura “de consenso”, a única finalmente achegada, que xuntou as dúas propostas de dirección presentadas en orixe. Juan José Segade, que lideraba a outra lista finalmente fusionada, será o segundo de abordo, ou sexa o vicepresidente.

A nova presidenta ten ás súas costas máis de dez anos traballando pola festividade e agora asume con ilusión o reto de manter viva a festa logo da adversidade da COVID, que obrigou a cancelar boa parte das actividades das dúas edicións máis recentes da histórica festividade de Ribeira. A directiva fará do que a priori pode parecer un obstáculo (as listas diferentes presentadas en orixe) unha vantaxe de diversidade e colaboración contra un desafío ben claro que lles atinxe por igual: loitar por reactivar a festa. Respecto da vindeira edición, dende a ponte de mando sinalan que comezarán a traballar axiña para acadar un programa que compatibilice o mantemento do espírito dorneiro coa seguridade sanitaria das e dos participantes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

En el turismo hay una característica administrativa que hace muy peculiar a Galicia: la dependencia directa del Presidente, y así ha sido con Manuel Fraga y los es con Alfonso Rueda. Desde que el León de Vilalba, un hombre que puso a la España autárquica de Franco en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.