A asemblea comarcal do BNG sitúa a Luís Pérez Barral á fronte do proxecto

01 Decembro 2021

Ao abeiro do proceso de renovación orgánica iniciado na XVII Asemblea Nacional, a Asemblea Comarcal do BNG na Barbanza reuniuse o pasado martes 30 de novembro para elixir o novo Consello Comarcal. A candidatura presentada e encabezada por Luís Pérez Barral dende Ribeira, onde exerce de concelleiro e voceiro municipal, obtivo a confianza da militancia para “afrontar os vindeiros retos da organización”.

En palabras do novo responsábel comarcal “este novo consello comarcal márcase como obxectivos agrandar a base social do nacionalismo e reforzar o BNG como alternativa política”.

Pérez Barral salientou o proceso asemblear “por ser democrático e participativo, sen comparación con ningún outro de ningunha forza política, e no que a militancia decide activamente a liña política da organización para os vindeiros anos”. E engadiu: “O BNG é unha organización que se debe aos seus e ás súas militantes e ten neles e nelas a súa maior fortaleza”.

A asemblea recoñeceu e agradeceu o grande traballo que tiveron que facer os membros do Consello Comarcal nos últimos anos marcados pola pandemia da COVID-19.

Candidatura do Consello Comarcal do BNG na Barbanza

Luís Pérez Barral (Ribeira)

Mª Mercedes Rodríguez Pimentel (Rianxo)

Pablo Ferreirós Vidal (Boiro)

Rosana Pérez Fernández (A Pobra)

Xosé Antonio Vázquez Cobas (Ribeira)

Amparo Cerecedo Sánchez (A Pobra)

Daniel Ermo Sanches (Boiro)

Xosé Manuel Casal Sabín (A Pobra)

Mª Cruz Rivadulla Márquez (Ribeira)

Adolfo Muíños Sánchez (Rianxo)

Xabier Santos González (A Pobra)

Raquel Suárez Regades (Boiro)

Ramiro Ouviña Ouviña (A Pobra)

Elvira Branco Pérez (Ribeira)

Tobías Betanzos Rego (Rianxo)

Carlos Branco Ansoar (Boiro)

Mª Cristina Andrade González (A Pobra)

Francisco Javier Santamaría Branco (Boiro)

Laura Novelle López (A Pobra)

Vicente Paz Carou (Ribeira)

SupLentes

Teresa Prol (Ribeira)

Severino Romero (A Pobra)

Adelina Ces (Rianxo)

Fran Rey (Rianxo)

Antón Parada (Ribeira)

Outros artigos

Este venres recala en Boiro “Deadpan Karaoke” de Ibuprofeno Teatro

A Casa da Cultura de Boiro vai dar acollida este venres 26 de abril á representación teatral de Deadpan Karaoke, a cargo de Ibuprofeno Teatro, a partir das 21.00 horas. As entradas estarán á venda dende unha hora antes da función na billeteira. Trátase dunha peza para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...